martes, 7 de febrero de 2017

(1/2/17) Titorías e PMAR

No noso futuro como docentes imos ser titores e penso que como mestres de inglés estaría ben traballar os temas que se deben tratar na hora de titoría e que mellor que facelo usando o inglés para comunicarnos, pero como ben dixo Luz debe ser de acordo mutuo co alumnado.

Se penso nas miñas titorías cando fun alumna, adicabámonos a facer os deberes ou traballos de outras materias ou como moito a traballar aspectos e resolver dúbidas da materia que o titor impartía, algo que penso que non debe ser así pero é máis cómodo iso que preparar material para as horas de titorías.

Antes de nada gustaríame compartir con todos esta gran frase:



Comezamos a sesión cunha actividade na que varios compañeiros tiñan que dicir o seu nome, onde vivían e os seus gustos con palabras que comezasen pola inicial do nome. Despois vimos diferentes exemplos de actividades que poderemos levar a cabo nas nosas aulas como por exemplo aquelas que teñen que ver cos hábito de estudo, unha autoevaluación do mestre e do alumno ou o se horario extraescolar semanal. Unha actividade que me parece estupenda para crear un bo ambiente na aula, que o primordial como mestre é que teñan que facer un comentario sobre un compañeiro co que non se levan ben o un dun amigo que non coñeza todo o mundo, logo como mestre comentalo en clase e teñen que adiviñar de quen se trata, pero sen dicir quen foi o autor do comentario.

No referente a PMAR temos que levar a cabo actividades máis sinxelas é dicir adaptar as actividades que tes para eles porque se trata de alumnos que repetiron mínimo dous anos, moitas veces debido a situacións particulares. Moitos deles por baixa autoestima, problemas de integración social,e tamén falta de hábito de estudo e traballo. O bo destas clases é que o número de estudantes é menor entón vas poder  traballar con cada un deles de maneira máis individualizada, o que si vas ter que ir pouco a pouco e a base de repetir certas actividades varios días. Un punto que aprenden con facilidade é o vocabulario, segundo as experiencias vividas pola mestra, ademais mostrounos algúns exemplos de actividades feitas por ela. As actividades que son mecánicas e de repetición funcionan ben xa que senten que co tempo saben facelo e failles sentir que o fan ben, con estos alumnos é moi importante reforzar as cousas que fan ben máis para que a súa autoestima mellore e a maiores crear un hábito de traballo na aula.

Cando rematamos a clase a verdade é que me quedei pensando de alumnos que viven estas situacións nas que moitas veces eles non teñen a culpa, senón que o entorno que os rodea non é favorable, non contan con axuda para as tarefas ou teñen familias desestruturadas e problemas graves e iso inflúe nos seus estudos. Como ben dixo a mestra conseguir que os alumnos aprendan o básico na materia de inglés e que non abandonen os estudos é un traballo moi gratificante e debe ser un sentimento único, ver como o final aínda que non lograsen estudar un grado conseguiron non deixar os estudos e facer un ciclo ou conseguir un bo traballo.


1 comentario:

  1. Ten coidado cando usas "exercicio" en vez de "actividade", parece unha tontería pero nós traballamos co idioma, e debemios usar ben os termos para describir cada tipo de acción de clase. Recorda a diferencia que vos explicamos.

    ResponderEliminar