A clase deste luns centrouse na avaliación, unha das labores máis delicadas e de maior responsabilidade dun mestre. Se penso como alumna nos mestres que tiven seguro que recordo algún que non era xusto coas correccións, ou que non nos daba os criterios de avaliación con anterioridade da realización das probas.
Ó comezo da clase fixemos unha actividade en grupos de catro na cal tiñamos que quedarnos con tres aspectos negativos sobre a avaliación de mestres que nos tiveramos, coido que é unha moi boa práctica porque como futuros docentes debemos evitar aprender das cousas malas de mestres que tivemos e tomar como referencia as boas.
Posteriormente vimos cales son os principios básicos á hora de avaliar os alumnos, validez, fiabilidade e factibilidade. Se miro ó pasado, penso en moitos casos nos que os mestres non tiñan claros os principios á hora de avaliar, xa que nalgunhas ocasións tiven exames nos que poñían contidos non traballados na clase ou que dicían que non entraban no exame, ademais de que era demasiado longo para o tempo de exame que nos tiñamos, é dicir non era factible. Penso que non debe ser tan difícil facer unha proba para ó alumnado de acordo cos contidos da clase e que se axuste ó tempo requirido para a proba. Outro aspecto importante é o de que se tes dous exames do mesmo nivel que deberían levar a mesma nota, debes facelo e non dar máis ou menos puntuación porque un sexa máis simpático ou se leve mellor co mestre.
En canto ó momento no que se debe avaliar considero que se deben de aplicar tanto a formativa, como a inicial e a sumativa, no meu caso cando estudei a ESO non tiven probas para ver ó comezo de curso con que nivel contabamos, algo que coido que é imprescindible para saber o nivel do alumnado e que é o que vas a ter que traballar na túa materia. Logo vimos como facer listas de control, rúbricas e follas de observación, para iso o mellor e elaborar unha propia marcando uns puntos principais e a partir de aí ir avaliando.
No caso dos idiomas, algo no que van mellorando co paso do tempo é no de non avaliar só a gramática, senón tamén a expresión oral e a produción escrita. No caso da expresión oral se non podes gravar ós teus alumnos o mellor é que teñas unha ferramenta ben sexa rúbrica ou lista de control para poder tomar notas sobre os criterios que coidas que debes de avaliar, ben interactuando por parellas ou facéndolle ti as preguntas. Á hora de corrixir unha produción escrita dos alumnos un bo método é que lle marques os erros e lle poñas uns códigos que serán dados nunha folla ó comezo do curso e explicados, e posteriormente eles deben de corrixilos e volver entregalo. Eu contei cunha mestra na EOI que o facía e penso que me foi moi útil e é unha boa maneira de aprender do erro e non que xa cho dean corrixido.
Desta clase co que me quedo e con que non é o mesmo corrixir, que avaliar ou cualificar, non son sinónimos senón que se usan en diferentes contextos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario