martes, 7 de febrero de 2017

(1/2/17) CLIL e auxiliares de conversa

Esta sesión estivo impartida polas dúas mestras, as primeiras dúas horas falamos do método CLIL no cal participa Ana dende fai anos como coordinadora ademais de falar dos auxiliares de conversa.

Comezamos a clase cun warm-up que trataba de gustos, na cal a clase se tiña que colocar dun lado da aula ou doutra segundo as súas preferencias e falar cos compañeiros do tema que mencionase. Algunhas das opción era té ou café, verán ou inverno, coche ou moto entre outros e tiñamos que dicir que preferiamos e porque.



Anteriormente xa viramos noutra materia este tema pero a verdade tratáramos máis ben a teoría, sen embargo nesta sesión centrámonos realmente na práctica e como se leva a cabo. En Galicia o método CLIL, ou AICLE en castelán, é o que se coñece como sección bilingüe nos centros, é dicir que se imparten outras materias en inglés a maiores da propia materia de lingua inglesa.

Para isto queda claro que como mestres de lingua inglesa imos ter que traballar dende a aula contidos relacionados co método CLIL para servir de apoio e traballar estruturas e vocabulario específico co alumnado e tamén para axudar ó profesorado. O obxectivo é que os alumnos aprendan novos conceptos comunicándose, predomina a expresión oral antes que a estruturas de gramática, polo tanto debemos ter máis presente a fluidez e non tanto o uso da lingua.

No que respecta ós auxiliares de conversa que se lles concede ós centros penso que xogan un papel moi importante e de útil axuda xa que se pode repartir a clase, e metade da aula estaría co docente e a outra metade co auxiliar, algo que fai que poidamos traballar de maneira máis persoal e con menos a alumnos e así favorecer a función comunicativa e poder tratar de cerca con todos. Ademais de que así tamén se familiarizan cos diferentes acentos e contan cun falante nativo que fai que se sintan motivados xa que se ven que os entenden e que eles entenden motívanse cada día máis e perden ese medo de falar noutro idioma. Aínda que, como ben falamos na aula, depende moito da persoa que teñas como auxiliar e de como traballa ela e que experiencia ten.

A verdade é que nesta clase vimos realmente como funciona de primeira man a metodoloxía AICLE e como se traballa, ademais de contarnos varias anécdotas. Que pena que xa quede menos para que se acaben as sesións desta materia.

2 comentarios:

  1. Ola Vanesa! Non coincidimos na mesma clase, pero tamén me resultou moi interesante esta sesión.
    Comparto a túa reflexión do final sobre a experiencia e a maneira de traballar do auxiliar de conversa. Penso que un dos requisitos que se deberían pedir é que estas persoas teñan formación en linguas estranxeiras, porque se non duplícase o traballo do profesorado que os acolle e desaprovéitase un pouco a súa presenza nas aulas. Pero é unha iniciativa excelente e cunha boa formación e traballo en equipo o alumnado non obten máis que beneficios.
    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  2. El tema de auxiliares, es interesante... y me gustaría poner mis ¨dos centimos¨como decimos en inglés. No sé si estoy de acuerdo con que deben tener formación. Por un lado, estoy de acuerdo pero por otro, tampoco creo que cambiaría mucho. ¿Por qué? Al final, la persona que es responsable para el aula siempre va a ser el profesor o profesora normal, no el auxiliar, así que por mucho que tienen formación no van a ser la persona que hace la evaluación. Lo que si hace falta es que el profesor o profesora de la asignatura tiene claro lo que quieren que el auxiliar trabaja. En mi opinión, debe ser todo oral, y como dijo Luz lo mejor es dividir la clase en dos y dejarle solo con los alumnos un rato, de esta manera aprovechas del auxiliar. También, muchas veces lo que no pasa es que no hay horas en el horario para coordinación entre el profe de la asignatura y el auxiliar, y realmente es necesario. Es la responsibilidad del profesor indicar que temas el auxilar debe trabajar y dar el ¨buen visto¨a cualquier actividad que propone, pero muchas veces hace falta el tiempo de coordinación para hacerlo así.

    ResponderEliminar