Na sesión deste martes a actividade de warm-up fixémola nós presentando ante o resto da clase a actividade que pensaramos para levar a cabo cunha foto como documento a partir do cal deseñariamos a actividade de clase.
Como dixemos en anteriores sesións todo o que facemos na aula debe ter un propósito e unha razón para levarse a cabo. No que á expresión escrita respecta temos que tratar de buscar un fin entretido para eles e que lles chame para que así escriban porque se lles mandas escribir en inglés sen máis non o van facer.
Unha das posibilidades é que escriban cartas a outros alumnos de centros de lingua inglesa para un programa de intercambio do centro ou por exemplo para revistas ou blogues do centro nos que eles fagan un artigo en inglés. Un exemplo de actividade que mencionou a mestra que lles escribisen unha redacción na que falen sobre eles, os seus coñecementos de inglés e que van facer nun futuro paréceme que está moi ben para coñecer o teu alumnado, de feito eu para a Escola de Idiomas tivera que facer algo parecido falando sobre min, que estudara e porque decidira ir a clases.
Outro dos casos nos que poden traballar a expresión escrita e contar historias e botar imaxinación ben sexa cunha canción, a partir dun vídeo, periódico ou calquera outro material que previamente seleccionemos. Con respecto isto podemos coller un mesmo material que nos valga para os diferentes cursos, só teremos que cambiar a maneira de traballalo nuns cursos e noutros, por exemplo darlles máis información e completar ocos ou ordenar unha historia nos primeiros cursos e xa nos últimos que sexan eles quen nos conten a historia.
Un libro que serve como guía para realizar actividades nas que se traballe a expresión escrita é o Minimax, de feito Luz fixo en clase dous exemplos do libro. O que máis me chamou a atención foi o dos cinco sentidos xa que ós alumnos lles vai resultar interesante a idea de cerrar os ollos e pensar no seu lugar ideal no que lles gustaría estar, e unha vez que escriban o que se pide xa teñen a base para realizar unha pequena redacción en inglés. Ademais de que me gustou moito a actividade coa canción de Cranberries na que tiñan que escribir unha historia co que lles suxiría o vídeo, pode ser porque son unha apaixonada da música e creo que vou usar moito as cancións nun futuro para diferentes actividades,
dreams
dreams
Outro aspecto que tratamos foi o da avaliación, sen dúbida unha das labores de máis responsabilidade para un mestre e da que non falaramos no máster antes de ter esta materia. Dende que vimos exemplos de exames e de rúbricas quédame un pouco máis claro o das rúbricas, que só viramos por riba na materia de Innovación, a rúbrica debe de ser sinxela e clara tanto para o mestre como para o seu alumnado, ademais de que se debe ensinar ó alumnado para que saiba que aspectos se van avaliar e poder ter iso preparado para os exames. Á hora de elaborar o exame o mestre debe de por exercicios doados e outros máis difíciles para aqueles que queiran acadar unha mellor nota e non só un 5.
Opino coma ela penso que o alumnado se lles debe ir facendo probas cada certo tempo ou por temas para ver como van indo e non só facer un exame final da materia, porque nunha soa proba non se pode avaliar a un alumno porque pode haber factores externos que inflúen como porse máis nervioso por xogarse todo nunha soa proba ou non ter un bo día por exemplo.

Si te inmteresa usar cancións, busca o equilibrio entre usar cancións que che gusten, pero non esquezas ter en conta as que lles gustan a eles. Unha actividade que funciona ben logo de ter feitos varios exemplos en clase, é pedirlles que en ghrupos preparen unha actividade para explotar unha canción escollida por eles. Tamén por exemplo darlles un tema e que busquen canciópns sobre ese tema, logo votamos en clase e traballamos coa que gañe. Dese xeito teñen que fixarse nas letras. Eu fíxena sobre canción co tema de "MONEY".
ResponderEliminar