Pena que rematen as clases desta materia que pasaron voando e nas que puidemos saber como é de preto e de primaria man por mestres a docencia con alumnos de secundaria, ademais de ver diferente material e actividades que empregan nas clases, que non serán moi útiles para as actuais prácticas e por suposto para o noso futuro profesional.
O último día quedouse curto para os diferentes temas que iamos tratar no debate e que eran de interese como futuros mestres. Pareceume moi boa idea que tratásemos temas que consideraban de relevancia para nós e despois ver temas que nos tivésemos en mente e que lles puidésemos preguntar a elas. Un dos temas tratados foi o dos deberes, dende o meu punto de vista si que penso que se lles deben poñer deberes pero sempre na súa xusta medida, e sen que sexan demasiados ou se se trata de actividades máis complexas cando teñan marxe de máis días para preparalas. No caso de inglés penso que se deben mandar actividades de gramática como os drills xa que iso poden facelo eles por si mesmos e non traballar a expresión oral que si debemos de traballar en clase e debido a que tres horas de clase non son suficientes mellor facelo así. Ademais tamén se deberían de mandar de maneira personalizada para aqueles alumnos que teñan que reforzar algunha estrutura. No noso grupo algo que comentamos é que os deberes sexan atractivos para eles e non que o vexan como algo aburrido. No meu caso cando estudei secundaria recordo pasarme tardes enteiras estudando e facendo deberes xa que nos sobrecargaban e ó mellor tiñamos exame e para ese mesmo día deberes.
Outro dos temas dos que falamos foi as TICS en concreto o uso do móbil ou no. A verdade é que era un tema que me preocupa bastante se deixarlles usar ou non o móbil, como ben dixeron elas o problema non está no uso das tecnoloxías senón na xestión da clase como mestre. Antigamente non tiñamos móbil e tamén se buscaban alternativas cando a un alumno non lle interesaba a clase como por exemplo xogar os barquiños ou escribirse notas. Polo tanto, coido que o problema como ben din é do mestre en como el xestiona a clase, que actividades e contidos se ven en clase, como facer para captar a atención do alumnado e que non teñan que coller o móbil ou entreterse con outra cousa xa que lles interesa a clase e son partícipes delas e se lles pasa a hora voando. Si que penso que é útil para usar o dicionario e ver como usalo correctamente e é máis cómodo de usar en formato online.
No que respecta o uso de tecnoloxías en xeral coido que si é útil en inglés para pórlles cancións, o mellor facer un kahoot unha vez ou facer algunha actividade a través das tecnoloxías coas que conte o centro para alternar con xogos con flashcards ou actividades de comunicación ou do libro.
E xa como último tema vimos o tema dos libros de texto dixitais, sobre o cal había diversas opinións, coido que se o libro de texto é doado de usar na pizarra electrónica e conta con un amplo abano de funcións si estaría ben usalo pero de non ser así eu optaría polo libro de papel. Por iso é tan importante a escolla dos libros de texto do curso e supoño que se pode ver antes de elixir o libro como é o formato dixital. Ademais de que para o uso da pizarra electrónica. ó comezo non debe ser doado cando non tes coñecementos previos de como se usa é probablemente vaias máis lenta nas clases, quedeime sorprendida co feito de que nalgúns casos os mestres non reciben formación sobre iso.
Para resumir como debe de ser un bo mestre deixo está imaxe coas cualidades coas que debe contar:
Para rematar déronnos un kit de supervivencia, un detalle que se agradece moito xa que á hora de facer as prácticas imos estar un pouco perdidos ó comezo e toda axuda é importante, ó igual que todos os consellos que nos destedes ó longo das sesións. Gustaríame dar as grazas por compartir con nós a vosa labor como docentes de secundaria e de transmitir que hai que ensinar os alumnos de maneira que eles o pasen ben nas clases pero nós tamén. Grazas por transmitir que realmente vos gusta o que facedes e que se trata dun traballo moi gratificante, xa que tiven profesores cando estudaba que se vía que non lles gustaba traballar niso como ocorre en moitos outros traballos, pero coido que no caso dos mestres a vocación é o primordial que che guste ensinar a nenos e neste caso a adolescentes e transmitirlles os contidos de maneira que eles o pasen ben xa que no caso da ESO non van porque eles queiran, e que ti o pases ben con eles. Foi un pracer!!!!


Moitas gracias polo teu comentario final. Si que este traballo é vocacional, pero eu penso que fagamos o que fagamos, por obriga ou por interese propio, debemos facelo ben e si o facemos o mellor que podemos será sempre gratificante.
ResponderEliminar