martes, 24 de enero de 2017

(12/1/17) Competencias clave

Cando nas outras materias comentabamos aspectos que tiñan que ver directamente coa práctica como futuros docentes todos nos dicían iso verédelo en Didáctica, por iso as ganas de ter esta materia eran inmensas. Aínda que custaba volver porque estiveran as vacacións do nadal polo medio a verdade e que xa tiña ganas de empezar as clases desta materia e coñecer os mestres que ían impartilas e poñerse mans á obra. 

A verdade é que a primeira clase que tivemos me gustou moito porque por fin era práctica, ó igual que aconteceu no caso de Carlos, o de entrar como se fose xa unha clase e irnos familiarizando con iso que é o que imos ter que facer nós nas prácticas en menos dun mes. Unha das mestras chámase Luz e traballa no Alexandre Bóveda, e despois dunha pequena introdución fixemos unha actividade warm-up coa que soubemos un pouco máis da mestra, ata ese momento nunca escoitara falar dela e pareceume unha moi boa actividade para conseguir que todos os alumnos presten atención ou para omper o xeo, ademais de intercambiar o rol, xa que eramos nos quen preguntabamos e non o mestre. Un aspecto importante é que se pode repetir as veces que queiras porque podes falar de diferentes temas, por exemplo usalo para a vida persoal, sobre gustos dependendo do tema e da clase pódese adaptar.

Posteriormente, tras unha aclaración sobre que era ser competente e cales son as competencias clave mostrounos varios exemplos de actividades que ela realiza cos seus alumnos no centro no cal traballa. No que a metodoloxía que emprega como mestra, gustoume moito posto que os exemplos que nos mostrou fan que a aprendizaxe dun idioma sexa interactivo e que os alumnos mostren interese polo idioma, algo que non pasaba cando eu estudiei secundaria, porque as clases se basaban máis en exercicios de grámatica e tradución, por non dicir que non faciamos listenings nin speakings en clase. Coido que desta maneira a aprendizaxe é significativa e contextualizada, non se trata só de traballar listas de vocabulario  sen contexto ou exercicios de gramática.



 As actividades que máis me chamaron a atención foi role play de alguén que mercaba algo é o vendedor. Trátase dunha situación real na cal probablemente o alumno non saiba como se di en inglés o obxecto que vas mercar, polo que vai empregar estratexias de compensación e dicilo doutra maneira para que a outra persoa te entenda. Ademais encantoume a idea das alumnas que foron grabar un vídeo e entrevistar os pasaxeiros dun cruceiro que atracou no porto de Vigo, paréceme moi orixinal e creativo ademais do dobre traballo que leva preparalo na casa e logo perder a vergoña a falar con alguén nativo e poñerse nunha situación real, e coido  que anque haxa algúns erros na pronuncia ou na gramática, non importa tanto senón todo o esforzo levado a cabo e a creatividade das alumnas.

Como conclusión, coas clases desta materia a verdade e que cada día teño máis ganas de poder poñer en práctica todo o que nos aprenden nas clases e tamén cos meus alumnos de clases particulares. Ademais de que nos axudan moito a acercarnos a realidade coa que nos vamos atopar e me fan ver que si que se pode sempre e cando un estea disposto e lle gusta realmente o que fai, e dende o meu punto de vista penso que ser mestre é do mellor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario