A clase deste luns resultoume moi interesante, xa que escoitara falar moitas veces ós meus alumnos de que realizaban proxectos nalgunhas materias e tarefas, pero non sabía exactamente en que consistían, ademais de falar del cando vimos as diferentes metodoloxías na aprendizaxe de linguas en anteriores materias deste mestrado. Penso que a aprendizaxe baseada en tarefas é moi útil e favorece a aprendizaxe en moitos aspectos, como futuros docentes debemos de considerar facer tarefas nas nosas aulas ó igual que proxectos.
Con esta aprendizaxe conseguimos que todos os alumnos particípen en clase, que vaian máis motivados ás aulas porque polo xeral cando se lles mandan realizar tarefas que normalmente adoitan ser próximas a eles e baseadas en actividades da vida cotiá ou reais, interesalles máis que unha clase na que se ensinan contidos teóricos ou os típicos exercicios para praticar a gramática. Ademais disto, conseguimos traballo cooperativo, que os alumnos reflexionen sobre a tarefa realizada cos seus compañeiros e tamén potenciamos a creatividade nas aulas. Con este tipo de enfoque a aprendizaxe vai ser máis significativa e polo tanto o alumnado vai aprender a empregar o vocabulario dentro dun contexto ou a usar determinados aspectos gramaticais ademais da comunicación lingúïstica e vaino recordar mellor que se se lle dan listas con vocabulario ou fai exercicios de gramática, posto que se vai acordar da tarefa que fixeron e asociar os contidos con iso.
Como actividades de clase que fixemos pareceume moi interesante a de pensar en grupos unha tarefa como futuros docentes, no noso caso a idea foi a de crear un folleto sobre un restaurante doutro país, dándolles nos pautas de sobre que cultura o faría cada grupo e que se debería de mencionar no folleto. Outra idea que se me ocorre de tarefa sería a de facer un mercadillo no que os estudantes puidesen intercambiar tanto libros, como xogos, películas ou cousas que tivesen en casa e non usasen. Dividiríase a clase en grupos e uns serían os vendedores do mercado e outros os que mercaban, ademais de dividir os vendedores en diferentes postos según os materiais que trouxesen, e para iso como tarefa previa traballariamos o vocabulario das compras, prezos, expresar cantidades, como chegar a un acordo, estar de acordo ou en desacordo, etc. Despois disto fariase unha representación no centro do mercadillo para que outros alumnos puidesen velo e mesmo se algún alumno da clase quixese ou o mestre gravar a escenificación do mercadillo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario