viernes, 13 de enero de 2017

(9/1/17) Contexto de adqusición e uso das linguas estranxeiras


O primeiro día de clase despois de ver os obxectivos, contidos, a avaliación e facer unha pequena presentación para que o mestre nos coñecese e coñecelo el, fixemos unha actividade por grupos. Esta consistía nunha posta en común das diferenzas e semellanzas que cremos que teñen a lingua inicial e a lingua estranxeira mediante o diagrama de Vann. Coido que se trata dunha boa actividade para saber que coñecemento previo ten o alumnado, que sabe acerca dun tema ou en que punto está o alumnado, ademais de servir como actividade introdutoria a unha posterior explicación teórica ou exposición. Un  aspecto que todos tiñamos claro é que a lingua inicial ou materna se adquire mentres que unha lingua estranxeira e aprende, ademais de saber que ambas linguas serven para comunicarse.





 Posterioriormente, tivemos a presentación sobre o contexto de adquisición de linguas (lingua inicial, segunda e estranxeira) e fixemos unha actividade de posta en común das nosas linguas tanto segundas, iniciais como estranxeiras. primeiro por parellas, logo en grupos de catro e así sucesivamente ata que quedamos dous grupos soamente e o puxemos en común co resto da clase. Deste xeito soubemos, tanto o mestre coma nós, cal era o repertorio lingüístico co que contamos dentro da clase, algo que é esencial para a aprendizaxe dunha lingua, xa que non é o mesmo que ensines inglés para alumnado galego falante, que para alumnado que pase longas estadías no estranxeiro porque ten familia de orixe británica ou alumnado inmigrante. Considero que moitas veces non se ten en conta iso á hora de aprender unha lingua estranxeira e de aí que senón se detecta que o erro que o alumno leva a cabo é por mor da súa lingua inicial,e non se trata de traballar para que non se siga comentendo, o alumno acabe mesmo por non gustarlle a lingua estranxeira ou dicir que non é bo para os idiomas. De todas formas, penso que neste aspecto se está a mellorar hoxe en día e si que se ten en conta á hora de ensinar un idioma, sen embargo coido que cando eu estudaba en primaria e mesmo en secundaria contei con mestres que non o tiveron en conta.

Ademais vimos os  distintos contextos nos que se usa unha lingua (traballo, habitual ou vehicular) sobre o cal realizamos unha actividade en grupos na que tiñamos que responder a unhas preguntas sobre que linguas se usan en determinados contextos. Desta parte o que máis chamou a miña atención e que daría para debatir sería a lingua de traballo nas diferentes empresas, posto que hai empresas que teñen a súa propia politíca lingüística e outras que no a teñen e non hai unhas normas de que idioma debes empregar. Dende a miña experiencia, nalgunhas empresas en Galicia non está ben visto o uso da lingua inicial no traballo, no caso de ser  esta o galego e por iso é mellor usar como lingua de traballo o castelán.

Como conclusión, gustaríame dicir que se tratou dunha sesión moi útil para min xa que me quedou clara a gran importancia que ten saber con que reportorio lingüístico conta o teu alumnado e coñecer o seu contexto como futuro docente de linguas estranxeiras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario