Unha das frases coas que me vou quedar desta clase e coa de que todo o que fai un mestre nas súas aulas debe ser con algún propósito e debe haber un motivo polo que se fai. Comezamos a clase cunha actividade na que en grupos tivemos que dicir que tiñan de especial unhas follas que nos deu, un warm-up para comezar unha clase sobre o medio ambiente e a reciclaxe. Ademais de que debe estar relacionado co que se vai tratar na clase e enlazar os temas uns con outros e non ir saltando dunha cousa a outra sen que os alumnos o sigan ben e se perdan, o importante dun mestre non é transmitir contidos sen mais senón transmitilo ben e ter sempre un fin de todo o que leva a cabo nas súas aulas.
Encantoume a idea de que fixese un crucigrama personalizado coa información de interese que puxeramos nas fichas do primeiro día, penso usalo no meu futuro como mestra para que os alumnos se coñezan entre eles. Coido que aínda que nos casos vistos en clase as actividades sexan comunicativas, estamos a traballar cos nosos alumnos gramática e vocabulario dunha maneira máis interactiva, porque é imposible separalas porque están integradas na lingua. Os alumnos deben de aprender a comunicarse en situación reais que van vivir fóra do centro non só nas nosas aulas. Unha actividade na que non caera para realizar nas clases de inglés son os test de personalidade algo que lles vai interesar moito nesta idade, aínda que algunhas respostas haberá que cambialas un pouco debido a idade na que se encontran a adolescencia, como o caso que nos puxo na clase do caso do ovo.
Puidemos ver como dunha foto persoal ou dalgún artista como o caso de Cinderella podemos facer actividades para traballar a expresión oral, actividade que poder facer máis longa ou máis curta. Algo que apunto para a miña futura docencia é o de que sempre temos que ter cousas preparadas para a túa aula por se quedan cinco minutos de clase, ou se tiveron exame e están alterados, ou mesmo por se che fallan as tecnoloxías na clase, para iso podes levar dende fotos, ata algún xogo ou mesmo debuxar na pizarra e que vaian describindo. E sen dúbida unha bolsa con diferentes obxectos que teñas na casa ou no despacho e que o describan diante da clase, ademais dunha bolsa na que leves como reforzador de que fixeron algo ben algunha chocolatina ou algún marcador con emoticonos de que o fan ben ou mesmo palabras en inglés.
Para finalizar de cada sesión que temos voume quedando con moitas ideas que usaría no meu futuro, ademais de enlaces de páxinas de interese como lessonstream. Con ganas de máis clases porque cada clase é diferente a anterior.

Bo comentario! Recomendo os emoticonos para reforzar, as chocolatinas para ocasións especiaias ou gastarás a paga full speed! Ten en conta que moitas veces un simple Great work! or Well Done! ou mesmo darlles a posibilidade de amosar o seu traballo aos compañeiros (na parede, presentándoo, subindo ao blo... ) xa é recompensa abondo. O importante é non perder a perspectiva de que hai que premiar os logros e non só penalizar os erros.
ResponderEliminar