Cando comezamos a clase e Carlos nos fala de CALL, a verdade e que non sabía ben o que era, só sabía cal era o significado das siglas. O primeiro que debemos ter claro é que se trata dunha didáctica na aprendizaxe e non dunha metodoloxía. Unha vez que empezamos a falar do tema si que era consciente de que xa traballara na materia de innovación con algúns dos ambientes nos que se usa o CALL. De feito tivemos que facer un MOOc como se foramos docentes de inglés por parellas de dous dun tema que nos escolliamos.
Coido que é un bo proceso para a aprendizaxe de idiomas porque ten que haber unha interacción, ben sexa co mestre, cos outros alumnos ou co contido da web, é dicir que temos unha aprendizaxe colaborativa. Outro dos aspectos positivos é que o proceso de aprendizaxe pode ser personalizado, os mestres poden ver como evolucionan os alumnos e poden reorientalos con exercicios sobre os aspectos nos que eles máis fraquean.
Un aspecto que si hai que ter moi en conta é que se pode aprender en calquera momento e dende calquera lugar sempre que dispoñamos dun dispositivo móbil, portátil ou tablet, pero no que respecta ó horario dende un primeiro momento débese marcar un horario porque os mestres haberá horas nos que non poderán corrixir ou comentar. Ademais de que conta con diferentes modalidades que permite que o aprendente se adapte á que mellor lle conveña segundo ás súas necesidades, se queren ser partícipes dunha comunidade de aprendizaxe ou ben de pequenos ou grandes grupos, se queren aprender sen docente, etc.
Sen dúbida o máis destacable da clase é que como mestre que usa CALL nos ensinase como traballa el a través do Facebook con grupos que crea el cos seus alumnos de clase. Ensinounos un amplo abano de actividades que el leva a cabo cos seus grupos de alumnos, e como fai el as correccións do que publican os seus alumnos na rede. Coido que ver de primeira man o que fai é moi bo porque nos pode servir para facelo nos como futuros docentes e para coller ideas de actividades que fai, en todos os casos as actividades que se propoñen van acompañadas dunha imaxe que capte a súa atención para asi conseguir motivalos. Tamén é necesario usar andamiaxe marcando as estruturas que queremos que traballen para que así saiban o que quere o docente, ademais de poñerlles exemplos. Como se trata de Facebook os alumnos xa teñen interese pola rede, pero é importante que mostren interese por iso. Un aspecto positivo é o de que non se debe exceder ó alumnado con actividades senón de non poñer un par delas á semana, ademais de poñer comentarios coas posibles correccións dos erros e non poñer que está mal, senón que se dan pistas e unha vez corrixido o comentario eliminase. Con isto facilitamos que ó alumno non sinta diante dos demais que non fai as cousas ben e se bloquee ou desmotive, coido que debes orientalo onde está o erro pero non dicir que está mal, para que así se poida aprender dos erros.

No hay comentarios:
Publicar un comentario