Cada clase que vou tendo desta materia faime ser máis positiva e ver que as cousas non tan negras, xa que estou máis tranquila e penso que si podo ser e son capaz de ser unha boa docente. Pode ser que vaia perdendo parte do medo escénico de porme nunha aula diante de 30 alumnos e de que non vou ser capaz, ademais de que os mestres nos transmiten seguridade e moitas ganas de estar xa dando clases nun centro. Sen dúbida que da clase do xoves me quedo coa cita de Albert Einsten "Si buscas resultados diferentes, no hagas siempre lo mismo", como mestre cada clase debe ser diferente para así conseguir os mellores resultados.
Ó igual que no listening, na comprensión lectora ou escrita tamén temos que ter en conta as tres etapas (pre-lectura, lectura e post-lectura), e nelas podemos desenrolar diferentes tipos de actividades e traballar as diferentes destrezas. No caso da lectura non é necesario que o alumno entenda palabra por palabra o texto nin que saiba o significado de todas, senón que o importante é quedarse coa idea principal, ademais de que moitas veces o propio contexto danos pistas de que poden significar as palabras que non entendemos, como pasaba na actividade que nos deu dos medios de transporte que había palabras inventadas pero sen embargo entendemos o texto.
Unha das actividades coas que comezamos a clase The three minute test pareceume moi interesante e demostra unha vez mais que os alumnos non leen ben todas as preguntas ou exercicios, e non só os alumnos porque eu tamén piquei. Algo moi importante que debemos ter en conta como mestres é o de ser coherentes e ter sentido común e se por exemplo estás a corrixir algo de comprensión escrita non podes ter en conta os erros gramaticais senón que debes valorar que entendan a idea do texto ou que respondan o que ti pedías. Outro exemplo de actividade de comprensión foi o das prioridades na cal tiñan que decir que farían primeiro e para iso entendelo, e segundo o que respondan significa unha cousa ou outra.
No meu caso nas actividades de comprensión oral estou acostumada a leer un texto e responder preguntas, sen embargo na clase de hoxe descubrín que hai maneiras moi divertidas e máis interactivas de facer comprensión de textos como por exemplo o caso do texto no que se repite tantas veces nice, na que ademais traballamos vocabulario e expresión oral, ou a historia que nos deu plastificada para que a ordenásemos. Amosounos algúns dos modelos de exame que facía no seu centro para a comprensión lectora, para que así nos puidesemos familiarizar con eles, a verdade e que eran bastante complexos e que había unha gran variedade de actividades, ademais de imaxes que apoiaban o texto e servían de axuda para os alumnos.
Para rematar gustaríame mencionar que cada día de clase é diferente á anterior, e aprendemos estratexias e diferentes actividades que podemos poñer en práctica no futuro ademais de darnos consellos que coido que nos van a ser moi útiles para a nosa labor como docentes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario