sábado, 14 de enero de 2017

(11/1/17) Factores que inflúen na situación do ensino de linguas

Á hora de ensinar unha lingua ben sexa esta estranxeira ou segunda inicial, debemos ter en conta unha serie de factores que son importantes  entre os que destacan as características do alumnado ó que se lle ensina, as características do centro no que se ensina e por último cales son as necesidades e os obxectivos. Como todos sabemos non é o mesmo ensinar inglés como lingua estranxeira para alumnado de primaria, que de secundaria, que na EOI ou inglés para seniors e tampouco imos ensinar o mesmo dependendo das necesidades e intereses do noso alumnado.




En concreto voume centrar na aprendizaxe baseada nos erros, que estaría dentro das características dos alumnos. Evidentemente somos humanos e non máquinas e cando aprendemos unha nova lingua non nacemos sabéndoa, senón que pouco a pouco imos apréndendoa e por iso é totalmente comprensible que todos teñamos erros durante ese proceso. Moitos destes erros serán debidos ás interferencias que teñamos entre a lingua inicial  e a nova lingua, xa que as estruturas non son semellantes, haberá algunhas que si non todas, e ademais dependendo do tipo de linguas será máis doada a aprendizaxe. Por exemplo se se trata de dúas linguas analíticas como é o caso do inglés e o castelán ou galego debería de ser máis doada a aprendizaxe, pero sen embargo en estruturas é máis doado o francés ó tratarse dunha lingua romance. Polo tanto atoparémonos cunha gran variedade de erros de diferentes tipos que nos van a servir de base para comparalo coa forma que sería a normativa, por iso coido que non se debe dar tanta importancia a que o fíxeche mal senón que se debe de concienciar ó alumno de que dos erros se aprende e para iso estamos para aprender. Usar as semellanzas estruturais entre o idioma inicial e o idioma que se está a aprender é moi útil, pero moitas veces tratamos de facelo da mesma maneira que na lingua inicial ou queremos comparar todo coa nosa lingua inicial e entón filtrámolo. De aí moitos dos erros, ademais na idade crítica dos nenos que é os dez anos, a lingua inicial convértese no seu filtro e úsana para aprender un novo idioma e recorren á tradución.

Algúns dos erros máis comúns no inglés por diferenzas nas estruturas son a omisión do suxeito, a colocación do adxectivo despois do substantivo, outros erros comúns por diferenzas entre idiomas son as preposicións xa que os anglosaxóns teñen varias preposicións cando nos usamos unha soa para eses diferentes usos, o emprego dos artigos que é diferente. Outros erros frecuentes son os false friends, por pensar que son transparentes ó castelán ou galego e no tocante á fonética entre outros cústanos pronunciar as vogais porque nos contamos con cinco sons vocálicos, mentres que eles contan con doce. Considero que os erros son fundamentais porque cando un alumno erra é cando avanza porque queres facelo ben e consegues motivación no alumnado e así aprendes como debería de ser segundo as normas.

Pareceume moi interesante a actividade que fixemos de pór unha frase con erros e que o compañeiro nola corríxise para así ver como corrixiamos algo moi importante como futuros docentes  e que por agora nunca fixeramos neste mestrado, ademais de darnos consellos moi útiles para as correcións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario