viernes, 27 de enero de 2017

(24/1/17) Comprensión oral


Despois dunha fin de semana un pouco máis longa, temos a primeira clase coa mestra que nos faltaba por coñecer da materia de Didáctica, ela chámase Ana e é mestra de inglés no IES Carlos Casares. Despois de que se presentase fixemos unha actividade de warm-up na cal comezou unha frase dicindo como se chamaba e cal era a súa materia favorita e nos tiñamos que contar o mesmo sobre nos e repetir todo o anterior, cambiando a información nosa a metade e cambiando a orde na que nos tocaba tamén. Coido que se trata dunha moi boa actividade para coñecer os nomes dos teus alumnos e saber o nivel de inglés, ademais de como ben dixemos nas aulas de Luz captar a súa atención e que todos participen. Saberse os nomes dos alumnos é máis importante do que moitos pensas xa que se ti te dirixes a eles polo seu nome fas que se sintan partícipes na aula e notan que ti te dirixes a eles, algo que vai facer que a aula sexa un ambiente cómodo para eles e non se sintan cohibidos.







Algo no que fixo  moito fincapé é  a importancia do primeiro día dun mestre coa súa clase, temos que transmitir seguridade e empatía cos alumnos, crear  un bo ambiente na aula pero sen esquecer respecto mutuo. Non podo negar que a medida que se acercan as prácticas cada día estou máis preocupada sobre como vai ser o meu primeiro día e como poder transmitir esa seguridade nos meus alumnos, teño experiencia como mestra particular pero non é o mesmo. O que si teño claro é que me encantan os nenos e que dende que era nena sempre quixen ser mestra, gústame axudar as persoas en todo o que está na miña man e neste caso ós alumnos, axudarlles a adquirir coñecementos, e transmitirlles os contidos necesarios para que aprendan. Algo que me chamou a atención é que despois de moitos anos seguise durmindo mal a noite anterior o comezo de clases, niso sentínme moi dentificada porque iso mesmo me vai pasar uns días antes das prácticas e coñecéndome no meu futuro como mestra. 

Como ben sabemos o mestre xoga un papel fundamental na aprendizaxe dos seus alumnos e para iso é importante que haxa unha motivación do alumnado, neste caso falamos da motivación intrínseca é dicir aquela que nos leva a facer cousas só pola satisfacción de facelas, é dicir que nos gusta facelas. Unha maneira de conseguir iso nas nosas aulas, é facer actividades relacionadas con temas persoais ou temas de interese para os alumnos, ademais da curiosidade por saber cousas dos demais compañeiros, do mestre ou temas de interese, tamén mediante competitividade por exemplo xogos nos que haxa un premio ou un gañador.

No tocante ó listening vimos que debe constar de tres etapas a pre-escoita, escoita e post-escoita, e o mais importante é non coller unha escoita ou vídeo moi longo. Cun listening podemos traballar tanto a gramática, como o vocabulario e a expresión oral. Tamén nos falou dos diferentes tipos de ditados que podemos realizar (running dictation, bingo dictation), de feito fixemos na clase un running dictation algo que non  me resulta novo posto que o fixera fai unhas semanas na escola de idiomas. Recordo que cando era nena odiaba os ditados e de feito en clases de inglés nunca fixen un ditado, pero penso que se daquela a miña mestra fixera calquera dos mencionados na clase pola mestra encantaríanme. O que temos que facer sempre é que todo o que fagamos na aula teña un propósito e enlazar unha cousas con outras. 

Como conclusión, as horas de clase pasaron tan rápido que dixen que pena que non contásemos con máis profesores como os de didáctica dende antes, ademais de que toda a variedade de material plastificado que usa para as súas clases me parecen moi útiles. Como reflexión persoal pensei porque eu durante a miña secundaria tiven mestres tan tradicionais e non mestres así...

No hay comentarios:

Publicar un comentario